menú

vinR

videocolaboración de R


VIN ten período mínimo de contrato?

non, non é necesario contratar o servizo nun tempo mínimo.

é necesario ser cliente de R?

non, non é necesario ser cliente de R para gozar de VIN.

é necesario que o acceso a internet sexa de R?

non, non é necesario ser cliente de R para gozar de VIN.

que inclúe cada licenza de organizador?

cada licenza de organizador permite dispoñer dunha sala virtual para realizar sesións de videocolaboración ás que podes invitar 25 asistentes. Estes poden ser externos á empresa. Con dúas licenzas VIN é posible convocar dúas reunións simultáneas con asistentes distintos.

cantos convidados poden acceder por cada licenza de organizador?

cada organizador pode invitar 25 asistentes a cada sesión de VIN. Os asistentes poden ser externos á empresa e non necesitan dispoñer de ningunha licenza.

onde podo instalar VIN?

VIN pode ser instalado nun equipo de sobremesa, nun portátil, nun smartphone ou nunha tablet. Descarga aquí a táboa de requisitos mínimos.

que necesito para utilizar VIN?

VIN adáptase ás diferentes velocidades da túa conexión a internet, garantindo desta forma a máxima resolución posible sen degradación da imaxe. Non obstante, para obter calidade HD é preciso un ancho de banda de suba de 1Mbps e para calidade SD, de 256 kbps, cunha latencia non superior a 180 ms.

Se a túa conexión a Internet pasa por un firewall debes permitir todas as peticións provenientes dende 217.18.237.16/28, a través dos portos:

  • TCP: 17992 (Application server)
  • TCP: 17990 (Client Connection to VidyoRouter)
  • TCP: 80 (Web interface)
  • TCP: 443 (Video/audio flow)
  • UDP: 50000-65535 (Video/audio flow)

como se instala VIN?

existen dous modos de acceso a VIN:
 

como accedo a VIN?

para realizar unha sesión de videocolaboración é necesario acceder a VIN e dispoñer das credenciais necesarias para acceder ao portal.

  • equipo de sobremesa ou portátil:

Se utiliza un ordenador de sobremesa ou un portátil e é a primeira vez que accede, é necesario instalar o software VIN. Descarga aquí o manual de instalación de organizador da reunión

Unha vez estea o software VIN instalado no equipo, ha de iniciar sesión no portal. Para iso introduza os datos que che enviamos por email ao contratar VIN: vidyoportal
usuario
contrasinal

  • tablet ou smartphone:

Se utiliza unha tablet ou smartphone e é a primeira vez que accede, é necesario instalar o software VIN. Descarga aquí o manual de instalación de organizador da reunión en tablet ou smartphone

Unha vez estea o software VIN instalado no equipo, ha de iniciar sesión no portal. Para iso introduza os datos que che enviamos por email ao contratar VIN: vidyoportal
usuario
contrasinal

vanme invitar a unha videoconferencia, como me conecto a ela?

terás que recibir un correo co convite. Fai clic na ligazón que aparece nel. Abrirase o navegador que teñas por defecto para instalar ou iniciar a videoconferencia. Segue os pasos indicados nela.

podo cambiar o meu contrasinal de usuario?

se desexas cambiar o teu contrasinal de usuario pódelo facer accedendo ao portal de VIN. Primeiro inicia sesión na túa aplicación VIN e co botón dereito no icono de aplicacións activas que tes a carón do reloxo, accede a xestionar conta, abrirase un navegador co portal de xestión da túa conta. Dende esta pantalla selecciona na parte superior a opción "parámetros". A continuación selecciona o botón "conta", entre as opcións laterais. Para cambiar o contrasinal debes seleccionar o botón "cambiar contrasinal". Agora introduce o novo contrasinal, confírmala volvéndoa a escribir e pulsa o botón "gardar". Así terás modificado o teu contrasinal.

esquecín o meu contrasinal, como podo recordalo?

se non lembras o contrasinal para acceder á túa aplicación VIN do teu pc, fai clic en " esqueceu o seu contrasinal?". Abrirase o navegador co acceso ao portal, onde poderás seleccionar a opción " esqueceu o seu contrasinal?" localizado debaixo do botón "inicio de sesión". Isto abrirá unha nova ventá onde tes que introducir a túa conta de correo electrónico, a mesma que está configurada na túa conta de usuario e pulse "aceptar". Se a conta de correo electrónico é correcta, en breve recibirás un correo electrónico onde se che indicarán os pasos a seguir para xerar un novo contrasinal.

podo protexer a miña sala virtual cun PIN para que só accedan os que eu queira?

si, pódelo facer dende o portal de xestión da conta ou dende a propia aplicación do pc, do móbil ou da tablet. O PIN debe ser unha clave numérica de entre 3 e 10 díxitos.

Dende o portal de xestión da conta, selecciona na parte superior a opción "control de reunión". Unha vez nesta pantalla selecciona o botón "enlaces de sala". Localiza a sección "enlace a sala" e á súa dereita encontrará o campo "establecer PIN de sala". Introduce o PIN e garda os cambios.

Dende a aplicación de PC, fai clic na sala á que queres asignar un PIN, abrirase unha chamada con máis opcións. Pulsa na icona dos tres puntos "... " na esquina inferior dereita. Na parte superior da nova pantalla tes un campo onde poderás introducir o PIN. Non se che esqueza gardar os cambios.

Dende a aplicación do móbil ou tablet, fai clic na icona da sala, abrirase unha chamada coas opcións para configurala, entre as que está a modificación do PIN.

podo bloquear ou desbloquear a miña sala virtual para que ninguén poida acceder?

si, podes bloquear o acceso á sala dende o portal de xestión da conta ou dende a propia aplicación do pc, do móbil ou da tablet. Mentres a sala estea bloqueada non poderá acceder ningún usuario ou convidado aínda que este dispoña do PIN da sala, se é que esta o tivese configurado.

Dende o portal de xestión da conta, selecciona na parte superior a opción "control de reunión". Unha vez na pantalla de control de reunión, fai clic sobre o botón "bloquear sala", situado á dereita do botón "incorporarse, para bloqueala". Para desbloqueala, volve pulsar o mesmo botón.

Dende a aplicación de PC, fai clic na sala á que queres asignar un PIN, abrirase unha chamada con máis opcións. Pulsa na icona do cadeado na parte inferior, entre o número de participantes e o sobre para o envío de convites.

Dende a aplicación do móbil ou tablet, fai clic na icona da sala, abrirase unha chamada coas opcións para configurala, entre as que está o bloqueo desta.

podo delegar as funcións de moderador a outro participante?

si, podes crear un PIN de moderador dende o portal de xestión da conta ou dende a propia aplicación do pc, do móbil ou da tablet, para que outro usuario da plataforma (non invitado) poida xestionar a sala no teu lugar. O PIN debe ser unha clave numérica de entre 3 e 10 díxitos.

Dende o portal de xestión da conta, selecciona na parte superior a opción "control de reunión". Unha vez nesta pantalla selecciona o botón "enlaces de sala". Localiza a sección "enlace a sala" e á súa dereita encontrarás o campo "establecer PIN de moderador". Introduce o PIN e garda os cambios.

Dende a aplicación de PC, fai clic na sala á que queres asignar un PIN, abrirase unha chamada con máis opcións. Pulsa na icona dos tres puntos "... " na esquina inferior dereita. Na parte inferior da nova pantalla tes un campo onde poderás introducir o PIN de moderador. Non esquezas gardar os cambios.

Dende a aplicación do móbil ou tablet, fai clic na icona da sala, abrirase unha chamada coas opcións para configurala, entre as que está a modificación do PIN.

non podo acceder ao portal web de VIN

existe unha situación na que aparecen ventás de alerta unha vez se iniciou a sesión no portal de VIN. As ventás de alerta fan referencia ao sistema de autorización do servizo de videocolaboración. Esta alerta prevenlle de incorporarse á súa sala ou á doutros usuarios debido a que o servizo ten dificultade ao conectarse co noso servidor. Existen dous motivos polos cales pode producirse esta mensaxe de alerta:
 

  • un primeiro motivo é que o equipo que presenta a alerta fose clonado para realizar a súa instalación, neste caso non estariamos a falar dun equipo subministrado por R, senón dun equipo de sobremesa ou portátil da súa propiedade.
  • un segundo motivo é que pechase o equipo sen saír da Ventá de Vídeo Conferencia, neste caso a incidencia pódese producir tanto en equipos subministrados por R coma nun equipo de sobremesa ou portátil da súa propiedade.

En calquera dos casos, contacte co departamento de soporte de R no teléfono 1446 ou ben envíe un correo electrónico a fala-con-R@mundo-r.net para abrir unha petición e que os nosos técnicos expertos no produto VIN se poñan en contacto contigo para restablecer o servizo.

como podo rexistrarme?

se cando intentas rexistrarte no portal de VIN recibes un erro de usuario ou contrasinal erróneos ou non recordas o seu contrasinal, podes solicitar que se che envíe un novo contrasinal.

Para coñecer como solicitar un novo contrasinal visita a sección “Esquecín o meu contrasinal, Como podo recordalo?".

Unha vez accedas ao portal de VIN podes cambiar o contrasinal que che proporcionamos, por un que recordes mellor, para iso visita a páxina " Podo cambiar o meu contrasinal de usuario?".

outros participantes non poden ver o meu vídeo

se outros participantes non ven o teu vídeo pode ser debido a varios motivos:

  • en pantalla unicamente poden mostrarse como máximo 8 imaxes ás cales se han de sumar a túa propia e a dun compartido, en total 10. Se o número de participantes é superior a 8 é posible que non se vexa a algún deles, os que se mostran son o que recentemente falaron.
  • comproba que non teñas pulsando o botón de "Privacidade" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo Conferencia.
  • comproba que tes configurada correctamente a túa cámara: Para acceder á configuración debes seleccionar o botón "Configuración" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo conferencia, se usas a aplicación para PC, ou “Settings” na barra lateral, se usas a versión web, e a continuación no apartado "Dispositivos", se usas a aplicación para PC. Dende esta pantalla localiza e selecciona os dispositivos de micrófono (“Microphone”), altofalante (“Speaker”) e cámara (“Camera”) axeitados. Para que os cambios teñan efecto pulsa o botón "Gardar" e a continuación sal e incorpórate novamente a sala.

non vexo o vídeo doutros participantes

se non ves algún dos participantes que están na vídeo conferencia, pode ser por dous motivos:

  • é posible que a distribución dos participantes na túa pantalla non sexa a correcta. Para saber como cambiar a distribución dos participantes en pantalla visita a páxina " Cantas persoas podo ver simultáneamente nunha vídeo conferencia? "
  • é posible que os outros participantes aos que non podes ver non estean a emitir vídeo. Fai que estes participantes visiten a páxina "Outros participantes non ven o meu vídeo"

outros participantes non poden oírme

se outros participantes non escoitan o teu audio pode ser debido a varios motivos:

  • tes mal configurado o Micrófono:

- tes demasiado baixo o volume do micrófono que se controla dende o botón "Micrófono" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo Conferencia.
- tes deshabilitado o teu micrófono despois de pulsar o botón "Micrófono" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo Conferencia.

  • o outro participante ten mal configurado o Altofalante

- o outro participante ten demasiado baixo o volume do altofalante que se controla dende o botón "Altofalante" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo Conferencia.
- o outro participante ten deshabilitado o altofalante despois de pulsar o botón "Altofalante" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo Conferencia.

  • o outro participante ou vostede non teñen correctamente configurados os dispositivos de audio Altofalante/Micrófono: Para acceder á configuración debes seleccionar o botón de "Configuración" situado na barra de ferramentas da Ventá de Vídeo Conferencia, se usas a aplicación para PC e a continuación ao apartado "Dispositivos", o “Settings” na barra lateral ezquerda, se usas a versión web. Dende esta pantalla localiza e selecciona que dispositivos de altofalante (“Speaker”), micrófono (“Microphone”) e cámara (“Camera”) son os máis axeitados. Para que os cambios teñan efecto pulsa sobre o botón "Aplicar" e a continuación sal da sala e incorpórate novamente.

como activar o audio doutro ou outros participantes?

visita a resposta "outros participantes non poden oírme".

evitar a aparición de eco durante a video conferencia

se algún dos participantes dunha videoconferencia experimenta eco, significa que outro dos participantes o está a xerar. O motivo polo cal este eco se pode xerar son dous:

  • o participante non está a utilizar auriculares e pola contra está a reproducir o audio mediante uns altofalantes externos e capturando a súa voz mediante un micrófono independente. Isto provoca que o audio que se está a reproducir polo altofalante, volva entrar polo micrófono, producindo o molesto eco no resto de participantes.
  • outro motivo polo cal se puiden producir eco, é debido a que a sala na que se está a realizar a videoconferencia teña poucos mobles que absorban o audio e se produza un efecto de cova, na que o audio rebota nas paredes e volve entrar polo micrófono.

Para localizar que participante ou participantes están a xerar eco, hai que realizar unha sinxela proba:

  • silenciar o micrófono de todos os participantes.
  • activar o micrófono só dun dos participantes cada vez, desta forma cando nos escoitemos con eco, significará que localizamos dada a orixe deste.
  • repetir este proceso ata que todos os participantes realicen a proba.
  • unha vez localizado ao participante ou participantes que xeran eco, a recomendación é que utilicen auriculares, pero se non é posible, unha solución é que diminúa o volume dos altofalantes e que afaste o micrófono da fonte de audio, para evitar no posible que este volva entrar polo micrófono.

O software de videoconferencia incorpora unha opción de cancelación de eco que se activa automaticamente cando detecta unha fonte de audio externo que podería provocar eco, pero esta opción non é 100% efectiva e en ocasións é necesario realizar a probas e solucións detalladas anteriormente. Se o software detecta que se pode estar a producir eco, informa mediante unha ventá emerxente que se activará a opción de "Cancelación de eco". Se usas a versión web, deberás activar o “Echo Cancellation” na pestana lateral de “Settings”.

como podo compartir documentos con outros participantes?

durante unha videoconferencia os participantes poden compartir o visionado dunha aplicación ou do escritorio co resto de participantes, aínda que existen limitacións en canto dende que equipos ou dispositivos pódese compartir. O visionado do compartido pode ser visto por calquera equipo ou dispositivo sen limitacións.

  • ordenador de sobremesa ou portátil

durante unha videoconferencia os participantes poden compartir o visionado dunha aplicación ou do escritorio co resto de participantes, pero os outros participantes non poden interactuar, só é un visionado. para compartir localiza a barra de ferramentas situada na parte superior e selecciona o botón "compartir" (“share” na versión web). Se seleccionas o botón con forma de triángulo situado á dereita do debuxo, aparecerá un menú despregable no cal se mostrará un listado das aplicacións abertas no teu ordenador, a continuación selecciona a que desexas compartir. Para compartir outra aplicación repite o mesmo proceso seleccionando nesta ocasión a nova aplicación que desexas compartir.

para deixar de compartir un documento localiza a barra de ferramentas situada na parte superior e selecciona o botón "compartir". Se seleccionas o botón con forma de triángulo situado á dereita do debuxo, aparecerá un menú despregable, a continuación selecciona a opción " deixar de compartir"(“stop sharing” na versión web). Tamén podes deixar de compartir facendo clic sobre o debuxo. Os documentos que desexes compartir, previamente haberán sido copiados no equipo, para iso recomendámosche que utilices unha memoria USB.

para alternar entre os diferentes compartidos que outros asistentes estean a compartir, selecciona o botón "alternar". Se seleccionas o botón con forma de triángulo situado á dereita do debuxo, aparecerá un menú despregable no cal se mostrará un listado dos compartidos dos outros participantes, selecciona o que desexas ver. Tamén podes alternar de forma secuencial entre os diferentes compartidos facendo clic sobre o debuxo. Nos dous métodos pode seleccionar non mostrar ningún compartido.

  • smartphone ou tablet

dende un smartphone ou tablet non é posible compartir aplicacións ou documentos, pero si é posible o visionado dos compartidos dos outros participantes. cando un participante comparta, o compartido mostrarase de forma automática na pantalla do smartphone ou tablet, desta forma móstrase sempre o último compartido. Se se desexa seleccionar manualmente que compartido visualizar, selecciona da barra de ferramentas a icona de compartición, isto fará que se mostren os compartidos minimizados no dock, pulsa dúas veces sobre a imaxe que desexas visualizar e a continuación selecciona a cruz de cor amarela para visualizar ese compartido, o que ata nese momento se estaba a mostrar será minimizado no dock, unicamente é posible visualizar un só compartido. O número que aparece xunto á icona de compartición indica o número de compartidos minimizados no dock.

como visualizar o que comparte outro ou outros participantes?

visita a resposta "como podo compartir documentos con outros participantes?".

desexo enviar a ligazón de convite da miña sala virtual pero non hai unha aplicación de correo configurada

se desexas enviar a ligazón da túa sala e o equipo onde estás conectado non dispón dunha aplicación de correo, recomendámosche dúas formas de facelo:

  • se dispós dunha conta de correo Web como o de Mensaxería R, Hotmail, Gmail ou outros, utiliza esta vía para enviar a ligazón da túa sala.
  • copia a ligazón e pégaa nun documento de Notepad ou Wordpad, a continuación conecta un dispositivo de memoria USB no equipo e copia nel, o documento creado.

mentres estou nunha videoconferencia a icona de configuración acéndese de cor vermella

é posible que mentres esteas nunha videoconferencia a icona de configuración da ventá se acenda de cor vermella. Isto significa que estas experimentando unha incidencia, tes un problema de ancho de banda que provoca que a transmisión da videoconferencia sexa limitada e poidan aparecer problemas.

Se seleccionas co rato o botón de "Configuración" accederás ao panel de configuración. Na parte inferior do apartado "Estado" no recadro "Alarmas" mostrarase unha breve explicación sobre os problemas detectados.

Se pulsas sobre o botón "Crear informe de diagnóstico" xerarase un ficheiro de informe que se gardará no escritorio.

Fai chegar un correo electrónico achegando o ficheiro de informe, ao departamento de soporte de R, á dirección de correo electrónico fala-con-R@mundo-r.net, para abrir un novo caso de soporte. Un dos nosos técnicos expertos no produto VIN poñerase en contacto contigo para solucionar a incidencia.

Dende esta mesma pantalla tamén podes acceder a un detalle do estado da conferencia pulsando o botón “Mostrar estado da conferencia" situado na parte superior dereita. A continuación mostrarase unha pantalla na que podes visualizar a velocidade á que estás a enviar e recibes, a resolución á que estás a enviar o vídeo e á que estás a recibir dos outros participantes e por último o uso da CPU. É recomendable non modificar ningún parámetro sen a previa autorización do departamento de soporte de R.

tras abrir o navegador sáltame un aviso de seguridade para instalar un plug-in, que debo facer?

se é a primeira vez que entras nunha videoconferencia e tes bloqueada a instalación de plug-ins no teu navegador, saltarache un aviso de seguridade. Para poder entrar na sala de videoconferencia deberás permitir a instalación do plug-in, polo menos esa vez. Se no futuro volves entrar noutra videoconferencia, xa terás instalado o plugin necesario e non será necesario reinstalalo.

teño problemas ao iniciar a videoconferencia, bótame fóra dela, que podo facer?

se ao intentar entrar na sala se desconecta inmediatamente debe ser polo acceso mediante proxy. Modifica a URL do navegador engadindo: &proxy=1 na barra de direccións como no exemplo: https://...loginType=guest&proxy=1&portalUri

Tras refrescar a páxina e pulsar sobre Join, aparecerá un novo cadro de diálogo. Selecciona "Always use VydeoProxy" e volve pulsar Join.