menú

revista

para saber o que tes que facer para recibir a revista, os contidos que inclúe ou os seus datos de difusión


que teño que facer para recibir a revistaR?

recibirán a revista os clientes particulares que teñan contratado algún produto fixo de R.

cando a recibo?

temos once números de revista ao ano (xullo e agosto son un único exemplar) editados en formato dixital. Poderás acceder aos seus contidos en revista.mundo-R.com.
ademais, catro números da revista edítanse tamén en formato papel (os de marzo, xuño, setembro e decembro). Estes meses recibirás a revista na túa casa na mesma dirección que nos teñas indicado para a factura, agás que nos indiques outra cousa.

que contidos inclúe?

a revistaR é a principal canle de comunicación de R cos seus clientes.
nela atoparás información sobre novidades, promocións, produtos e servizos de R, sexan de internet, de telefonía ou de televisión. Pero o máis importante é que che sexa útil para tirarlle o máximo proveito aos servizos que tes con R; para que esteas enterado de todas as vantaxes nas que traballamos para facerche a vida máis sinxela da man da tecnoloxía, vamos.
ademais, poderás atopar entrevistas con personaxes destacados de distintos ámbitos sociais e reportaxes sobre temas de actualidade, con especial atención a temas innovadores ou tecnolóxicos desenvolvidos en Galicia.

cales son os datos de difusión e lectura da revistaR?

a revistaR é a revista mensual máis lida de Galicia, recoñecemento acadado hai xa un tempo e ratificado pola 3ª oleada EGM 2012 (Estudio General de Medios). Este liderado supón que máis de 219.000 lectores elixiron a nosa revista para o seu lecer, superando a todas as revistas mensuais que se len en Galicia... co que isto supón tamén de interese para os anunciantes que queiran achegarse a un grupo de persoas heteroxéneo pero cun perfil innovador e moderno.
por outra banda, tamén estamos auditados pola OJD, quen certificou 143.004 exemplares de tirada en xuño do 2012.