menú

recicla móbil

preguntas frecuentes sobre o servizo de recicla móbil


que é Recicla móbil?

un novo servizo de R que che permitirá entregar un máximo de 4 móbiles no momento da túa alta ou renovación de terminal

que gaño entregando os meus móbiles antigos?

1. colaboras co medioambiente eliminando residuos
2. cada móbil que entregues terá unha valoración económica que recibirás na túa factura como un desconto

quen valora o meu móbil?

R firmou un acordo cunha terceira empresa especialista neste tipo de servizos que é a que establece a valoración do teu móbil. Nas tendas de R indicaranche o importe que se otorga aos terminais que leves

podo entregar un móbil en calquera estado aínda que estea golpeado ou non teña batería ou tapa?

os criterios para recoller un terminal e valoralo son os seguintes:
1. Un terminal considérase como tipo premium se o terminal está en perfecto estado, entrégase con todos os seus compoñentes (non é necesario accesorios, nin cargador, nin auriculares, só todos os compoñentes do teléfono, tapas, teclado, etc) e non ten ningún golpe nin raiadura (nin en carcasas nin na pantalla)
2. Un terminal con algunha raiadura ou golpe (en carcasa ou pantalla) pódese entregar. Considerarase de tipo estandar e terá unha menor valoración que un tipo premium
3. Un terminal ao que lle falte a tapa traseira e/ou a batería pódese entregar. Considerarase de tipo estandar e terá unha menor valoración que un tipo premium
4. Un terminal irreparable (por humidade, golpe, etc) pódese entregar. Considerarase de tipo estandar e terá unha menor valoración que un tipo premium
5. Un terminal que non acende pódese entregar. Considerarase de tipo estandar e terá unha menor valoración que un tipo premium
6. Un terminal coas súas partes separadas (terminal tipo cuncha coa tapa separada do resto do teléfono, un terminal partido pola metade) non se recollerá
7. Un terminal esmagado non se recollerá

canto tempo se tarda en valorar o meu móbil?

a valoración á inmediata. Podes ver a valoración aproximada na web ou achégate a unha tenda de R co servizo e dirémosche o valor final que ten o teu antigo móbil

en base a que se valora o móbil?

valórase en base a dous criterios:
1. o estado físico do teu terminal (rompido, raiado, acende, …)
2. o valor de mercado: por exemplo un iPhone é máis valorado que un nokia 2630

como recibo os cartos pola valoración do meu móbil?

os cartos pola valoración do teu móbil recibiralo como un desconto na factura na que se efectúa a alta ou renovación da túa liña. En ningún momento recibirás diñeiro en efectivo

onde podo utilizar Recicla móbil?

podes utilizalo a través de calquera canle, web, call center, tenda, pero é necesario que alguén verifique o estado do teu terminal e por iso, só poderás entregar o teu terminal antigo nunha tenda de R co servizo

podo entregar o meu móbil antigo cando queira?

de momento o servicio só pode ser utilizado cando vaias dar a alta ou renovar o teu terminal. Podes ir cando queiras a informarte do servizo, pero o móbil só poderás entregalo ao facer unha alta ou renovar o teu terminal

hai un límite nos terminais a entregar?

como máximo poderás entregar 4 móbiles en cada alta ou renovación de liña

se quero entregar o móbil que estou a usar para obter un desconto, teño que quedar sen el antes de recibir o móbil novo?

non. Nós valoramos o teu móbil no momento que tramitas a alta ou renovas, pero podes quedalo ata que se faga efectiva a alta ou renovación e poidas recoller o novo móbil

podo recuperar un terminal que entregara?

non, non é posible recuperalo. Unha vez posto en marcha o proceso de reciclado é imposible recuperalo. Asegúrate ben antes de entregalo de quedar coa tarxeta SIM, tarxeta de memoria e de borrar calquera dato persoal do teléfono