menú

internet móbil

funcionamiento dos plans de internet móbil e do consumo de datos


que pasa cando chego ao límite do plan de datos que teño contratado?

cando alcanzas o límite do bono de datos, de forma automática esténdese o bono en 200MB con custo (a primeira vez que isto sucede, avisámoste e non se cobra). Se volves superar estes 200MB, amplíase de novo noutros 200MB. Así ata un máximo de 3 veces segundo o custo indicado en tarifas.mundo-R.com.

tamén podes solicitar que por defecto se reduza automaticamente a velocidade unha vez que superas o teu bono de datos.

pódese desactivar a ampliación automática de datos?

si, aínda que esta é a modalidade por defecto, podes desactivala e seguir na mesma modalidade que antes. É dicir, redúcese a velocidade cando se esgota o bono de datos. Este cambio de modalidade poderase realizar dende a web de clientes ou dende a app de R sen ningún custo.

como che indicamos, unha vez superado o límite de datos contratados, a velocidade de navegación redúcese.
ao ter unha velocidade máis reducida e compartir a rede con máis clientes, é posible que páxinas cun volume importante de datos (que inclúan moitas fotos, por exemplo) tarden moito en cargar e teñas a impresión de que non podes navegar.
a nosa recomendación é que contrates un novo plan de datos cun volume maior incluído, pero se non o desexas, suxerímosche que trates de conectarte en horas nas que o volume de clientes conectados á vez sexa inferior ou ben, a páxinas dun tamaño menor.

se teño a opción de non aumentar datos de forma automática e alcanzo o límite contratado, podo ampliar puntualmente o bono de datos?

si. Se non tes activada a ampliación automática poderás aumentar manualmente o teu plan de datos. As opcións son de 100MB ou de 500MB segundo os prezos indicados en tarifas.mundo-R.com. Tes un máximo de 5 ampliacións en cada factura.

como podo saber cantos megas levo descargados?

tes a información na sección “consumo dende a última factura” na web de clientes.

que significa que a velocidade de navegación se reduce?

ao alcanzar o límite, a velocidade á que navegas por internet coa túa tarxeta SIM (ben desde o teu móbil ou ben usando un módem USB), redúcese. Con esta velocidade podes seguir mandando por exemplo whatsapps, pero outras accións tardarán máis en facerse se necesitan maior velocidade.

ao reducirse a velocidade, algunhas veces podo navegar e outras non, por que?

como che indicamos, unha vez superado o límite de datos contratados, a velocidade de navegación redúcese.

ao ter unha velocidade máis reducida e compartir a rede con máis clientes, é posible que páxinas cun volume importante de datos (que inclúan moitas fotos, por exemplo) tarden moito en cargar e teñas a impresión de que non podes navegar. Non obstante, outras accións como mandar textos en whatsapp pódelas facer sen problema.

a nosa recomendación é que contrates un novo plan con máis datos pero, se non o desexas, suxerímosche que trates de conectarche en horas con menos clientes conectados á vez ou ben que accedas a webs de tamaño menor (sen imaxes ou vídeos).