menú

proxecto BATS

dúbidas e consultas sobre o proceso e a instalación dos servizos nos integrantes do proxecto BATS


como é o proceso á hora de desfrutar do servizo que me ofrece o proxecto BATS?

o proxecto BATS require dúas instalacións. Primeiro, instálase un acceso satélite no teu fogar. Este acceso é un modem satélite de alta velocidade e gratuíto, que dará servizo ao fogar ou empresa, en paralelo co adsl actual, durante un mes. Este acceso non leva wifi, de forma que para usalo hai que conectar un ordenador a el directamente.

un mes máis tarde, instálase o equipo intelixente adicional que une o ADSL, o satélite e o 3 G. Este equipo si leva wifi, e durante a súa instalación retírase o equipo ADSL actual, pero non se desactiva a liña, para que sirva como servizo de emerxencia. Mantén ese equipo a man por se acaso. A conexión 3G vai dentro do equipo, nunha tarxeta SIM preinstalada que incorpora R sen custo.

como vai ser a instalación?

a instalación farana técnicos de R e require de dous equipos: o satélite e o equipo intelixente. A única dificultade consiste en situar ben o equipo intelixente, levando ata el a toma de cable dende a antena satélite. Ten que estar preto da toma de ADSL.

que teño que facer?

o que se che pide durante o proxecto é que uses o acceso a internet e que anotes calquera incidencia estraña. Tamén que anotes as cousas positivas. Farémosche varias enquisas web e unha telefónica sobre a experiencia do servizo.

que tipo de problemas pode haber durante o proxecto?

este é un proxecto de I+D da unión europea e pode que o equipo intelixente falle nalgunha ocasión. Nese caso pedirémosche que conectes o equipo ADSL antigo. Será simplemente cambiar dous cables, porque os dous equipos están activados e comparten as credenciais de acceso a internet. Teremos un foro de usuarios aberto todo o proxecto onde poderás compartir dúbidas con técnicos de R e cos outros usuarios.

que pasa ao rematar o proxecto?

retirarase o equipo intelixente. Poderás manter a conexión por satélite se o desexas, contratando o servizo correspondente.