menú

sms premium

todas as dúbidas que poidas ter sobre a restrición do servizo sms premium


que son os SMS premium?

nesta páxina, explicámosche en que consisten os servizos de SMS premium

a restrición de SMS Premium ten custo?

non. R non cobra nada por tramitar unha restrición de SMS Premium

podo restrinxir os SMS premium?

si, podes facelo dende a páxina de configuración do teu móbilR, na opción "restricións on/off"

podo quitar a restrición de SMS premium cando queira?

si. Se nalgún momento queres volver enviar SMS premium, cobraránseche

se poño a restrición de SMS Premium, deixan de cobrarme os SMS premium?

si. No momento no que se poña esa restrición, o cliente xa non poderá enviar SMS Premium e non se lle cobrarán e tampouco recibirá SMS Premium que teñan custo

se poño a restrición de SMS Premium, deixo de recibir SMS premium?

non sempre. Os SMS Premium pódelos recibir directamente no teu teléfono sen que pasen por R, polo que non podemos asegurarche que deixes de recibilos.
O que si podemos asegurarche é que non terás ningún custo por eses SMS, porque ese provedor non ten acordo con R e polo tanto non se che cobrarán.
A única forma de que deixes de recibilo é te poñas en contacto co provedor de contidos para que che dea baixa nos seus sistemas. R non pode facelo porque, como che indicamos, non temos acordo con ese provedor

se poño a restrición de SMS Premium, deixo de recibir as mensaxes do banco?

como che indicamos, se o teu banco manda as mensaxes a través de R, deixas de recibilo. Pode ser que o teu banco o envíe directamente ao teu móbil sen pasar por R e entón seguiralas recibindo, pero se non, se pos a restrición, deixarás de recibir esas mensaxes.

se poño a restrición de SMS Premium, xa non podo enviar mensaxes premium por sms?

poderás envialas, pero nunca chegarán ao seu destino e polo tanto, non terán ningún efecto e non se che cobrarán.