menú

seguridade R

que é?, como podo conseguir seguridade R?, que inclúe a ferramenta?

qué é seguridade R?

é unha ferramenta de seguridade completa pensada para protexer a túa PC das constantes ameazas víricas ás que esta exposto tanto pola navegación, como polo correo electrónico, como tamén polos dispositivos de entrada de datos

que inclúe seguridade R?

  • protección antivirus: detén este tipo de ataques de xeito automático e a tempo real.
  • protección para Internet: supervisa e filtra o trafico da rede, ocultando o pc do cliente a piratas informáticos e gusanos de rede; evitando, deste xeito, os accesos non autorizados ao pc do cliente.
  • control parental: bloquea ou filtra as páxinas e os sitios web non desexados, restrinxindo o acceso aos parámetros de configuración do software.
  • control de spam: supervisa os menajes de correo electrónico entrantes e filtra nun cartafol diferenciado os correos masivos non solicitado

como podo conseguir a ferramenta seguridade R?

para poder gozar de seguridade R necesitas un código de licenza, que podes obter na web de clientes. Neste vídeotitorial explicámosche como obtelo.
unha vez recibas o código de licenza na túa conta de correo electrónico, segue os pasos de instalación que se detallan na web de R

é seguridade R ahora gratuíto?

non. Seguridade R é un producto completo de seguridade con devada, antispam e antivirus para todas as contas de correo (sexan ou non de R), control parental e outras funcionalidades que che permitirán navegar con total tranquilidade.